Con data 30/09/2010 o Director Xeral de Función Pública reuniuse cos representantes dos traballadores para informarnos do novo cronograma aproximado das vindeiras actuacións desa dirección xeral, que se irán concretando máis a medida que se vaian acercando as datas. Toda esta información será colgada na web da Xunta de Galicia.
Outubro 2010:
Toma de posesión do A2 consolidación (OEP 2008) e do C1 libre.
Último trimestre 2010:
Convocatorias pendentes de: legoeiros (grupo IV, categoría 031 da OEP 2007), escala técnica de estatísticos A2, escala de finanzas (superior e técnica) e consolidación do grupo V
Celebración dos exercicios dos grupos e categorías da OEP 2007: I-019 (Titulado/a superior especialista) , I-037 (Titulado/a superior ambiental), e II-041 (Técnico ambiental), integración de axentes medioambientais e inspección turística 2008.
No proceso de inspección turística, este cronograma se cumprirá, sempre que o Tribunal Superior de Xustiza non o Imposibilite, xa que está pendente de sentenza xudicial.
Convocatoria do concurso de traslados de laborais, empezando polo grupo V
1º semestre 2011:
Convocaranse os grupos de consolidación do IV ao I (de inferior a superior), corpos xerais do 2009, escalas de consumo e estatísticos A1 e todas as escalas de administración especial da OEP do 2009 publicada no DOG de data 18/12/2009.
Celebración dos exercicios de: legoeiros, escala de estatística A2, escala de finanzas (superior e técnica) e consolidación do grupo V
Remate dos procesos de laborais dos grupos I-019, I-037, e II-041, integración de axentes medioambientais e inspección turística 2008
Último cuadrimestre 2011:
Finalización e tomas de posesión dos grupos I-019, I-037, e II-041, grupo V de laborais de consolidación, legoeiros e escalas de finanzas (superior e técnica).
Realización dos primeiros exercicios dos corpos xeral da OEP do 2009.
No hay comentarios:
Publicar un comentario